Coge 3 | Aturuxeiros de Bravos
22079
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-22079,ajax_fade,page_not_loaded,,select-theme-ver-2.2,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive
 

Aturuxeiros de Bravos

Aturuxeiros de Bravos

 

A Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva Aturuxeiros de Bravos nace o pasado ano 2014, tras dúas edicións do Festival Folk Aturuxo e coa ilusión de recuperar a vida na parroquia e o seu contorno, pois cando éramos pequenos as actividades que se realizaban para nós eran constantes e variadas polo que sentíamos que chegaba o momento de tomar o relevo e devolverlles de algunha forma todo o que fixeron por nós. Actualmente conta con 90 socios entre 3 e 88 anos e unha directiva de 7 persoas de entre 20 e 43 anos.

O que pretendemos conseguir principalmente pódese resumir en:

      – O aproveitamento da riqueza interxeneracional como medio de recuperación e preservación da cultura e tradicións locais. Con actividades coma o festival Aturuxo, recuperación de tradicions coma o percorrido de entroido ou o samaín, xogos tradicionais, etc.

      -O fomento da cooperación e colaboración entre veciños, ao mesmo tempo que se fomenta o coñecemento do lugar por persoas de outros lugares, como medio de loitar contra a dispersión poboacional e descenso de poboación. Para isto publicitamos as nosas actividades máis aló da nosa parroquia e participamos en xuntanzas de asociacións culturais e mantemos contacto e colaboración estreita con algunha delas.

     – A posta en valor da nosa riqueza natural e paisaxística e o potenciamento da súa conservación e respeto mediante a concienciación e acción directa. Para o que, entre outras accións, colaboramos directamente con Proxecto Ríos e Charcas con Vida, realizando dúas inspeccións ao ano ao noso Río de Bravos, a próxima o vindeiro Sábado 9 de maio. 

Ademáis das actividades mencionadas, poderíamos destacar algunha outra especial como A Xornada da Abella, na que contamos coa Casa do Mel de Goente-As Pontes que nos falou da enorme importancia das abellas e que rematou cunha charla-coloquio sobre a Vespa Velutina. 

Tamén se levou a cabo un coloquio moi especial con motivo do 8 de Maio, centrado na vida e traballo da muller no rural, na que foi moi emocionante escoitar participar a persoas dende 10 a 88 anos falando das súas visións, preocupacións e propostas de mellora e de loita pola igualdade. 

Ademáis estamos a punto de abrir a nosa biblioteca, composta de libros cedidos e doados polos socios e que estarán a disposición no local da asociación (a nosa querida Aturucasa) para quen queira disfrutalos .

https://www.facebook.com/aturuxeirosdebravos

Category

COLABORADORES